Os afeccionados á chave e aos cabalos teñen o seu oco no programa das festas

Festas de Xinzo
Os afeccionados á chave e aos cabalos teñen o seu oco no programa das festas
Mañá celebrarase un torneo do xogo popular e o sábado unha exhibición de doma O programa de festas na honra de...

Mañá celebrarase un torneo do xogo popular e o sábado unha exhibición de doma

O programa de festas na honra de Santa Mariña incluirá dúas actividades organizadas pola Concellería de Deportes: un torneo de chave, mañá xoves e unha exhibición de doma o sábado.

A competición de chave terá lugar na xornada de mañá día 18 na Alameda do Toural a partir das seis da tarde. Os que demostren ser máis hábiles na execución deste xogo tradicional galego, poderán optar a tres premios de 100, 50 e 25 euros, respectivamente. Todos os interesados poderán pasar a inscribirse no mesmo parque media hora antes do comezo do torneo.

Espectáculo ecuestre

Os amantes dos cabalos poderán desfrutar o sábado a partir das 19 horas, tamén na Alameda do Toural, dunha exhibición de doma dirixida por Juan Francisco Fernández Muñoz. O espectáculo contará coa participación do xinete local Alejandro Gómez, así como con moitos outros a nivel nacional e internacional, entre os que destaca unha ampla representación de expertos galegos e cordobeses.

Os que se acheguen ata o Toural poderán comprobar como os xinetes desenvolven números de Alta Escola, Doma Vaqueira, simulación ao “rejoneo”, traballos á man, carrusel con sabor andaluz e paso de tres de doma clásica.