"Os agricultores da Limia estamos fartos de levar as culpas"

2015071421533250800
"Os agricultores da Limia estamos fartos de levar as culpas"

Estamos totalmente en contra das declaracións sobre as cianobacterias do encoro das Conchas

A Asociación de produtores de pataca da Limia, queremos poñer en coñecemento da cidadanía as seguintes cuestións:

1.- Sempre pensamos que unha agricultura forte é a base da economía dun país coma o noso

2.- Durante os últimos 40 anos a poboación mundial duplicouse, pero as terras de cultivo no sur de Europa ,as terras cultivables reducíronse un 26% nos últimos 30. Somos máis xente vivindo de menos terras.

Nas últimas visitas feitas por agricultores da nosa comarca a outros países do noso contorno, Holanda, Alemania, Francia, etc… quedamos abraiados de como son valorados os agricultores, basta observar como están as súas explotacións respecto as nosas. Por exemplo, nos non podemos limpar unha canle, unha cuneta, un regueiro. Esta acción suporíanos unha sanción inmediata. Quizás os salgueiros,sexan árbores con un grande beneficio, e nos non o sabemos.

O xoves pasado na reunión que esta asociación tivo coa Conselleira de Medio Rural, expuxémoslle unha serie de necesidades para a comarca, incluída unha charla por parte da administración para poder amorear o esterco nas fincas adaptándonos a normativa , e ser aínda máis respectuosos co medio ambiente.

Os agricultores e por ende a agricultura na Limia ten mudado moito nos últimos anos. A día de hoxe, e antes de que entre a normativa europea, xa estamos a utilizar NITROXENADOS, que xa cumpren coa normativa, antes de que entre en vigor a lei.

CONTROL EXHAUSTIVO

A día de hoxe, na Limia, cada agricultor que sementa patacas ten que contar con un asesor técnico, para mellorar e controlar o uso de fitosanitarios, control de tratamentos e redución dos mesmos.

Estamos a dar pasos co rego por goteo, algo que será unha realidade na nosa comarca en moi poucos anos. Isto permitirá,que haxa un antes e un despois na produción de pataca na Limia.

Pese a todo isto, pensamos, e estamos convencidos de que aínda queda marxe para a mellora das explotacións.Pero esta semana saltaron todas as alarmas, cando vemos nun medio de comunicación unha nota do grupo PSdG-PSOE provincial que facía referencia a contaminación por CIANOBACTERIAS no encoro das Conchas e a súa comarca no que se afirmaban que a culpa era dos productores de pataca da Limia.

TOTAL DESACORDO E TOTAL REPULSA A ESTAS AFIRMACIÓNS

Estas declaracións son algo que non aceptamos nin toleramos, esixindo desde este momento que se analice o verdadeiro problema desta situación das augas do Limia e se comece de verdade a poñerlle solución a este problema.

Rexeitamos cada unha desas afirmacións, porque parece que aquí nesta nosa terra sempre se ataca o sector mais débil, pero aínda que sexamos débiles estamos unidos e somos os primeiros preocupados pola situación das nosas augas e do nos medio ambiente.

Estamos totalmente convencidos ao 100% de que a agricultura ten de ser SOSTIBLE e RESPECTUOSA .

Esperamos que non se demore o estudo da situación a fondo e os gobernos comecen a traballar na solución real do problema, non con parches ou “tiritas”. NOS TAMÉN SOMOS MOITAS FAMILIAS COIDANDO DA TÚA.