Os agricultores limiaos obrigados a sementar de novo polas inundacións

Os agricultores limiaos obrigados a sementar de novo polas inundacións

As parcelas nas que se plantaran cereais no outono tiveron que volver a ser aradas

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Despois de que a auga dos temporais dos últimos meses asolagara a meirande parte das parcelas da lagoa, os agricultores limiaos víronse obrigados a roturalas, a pesar de que xa se plantaran cereais nelas o pasado outono. Así o corroboran os datos que manexa o Instituto Galego do Campo.

Moitas das plantas de cereal sementadas nas fincas limiás podreceron ou nin sequera chegaron a nacer polo exceso de auga. O certo foi que a sementeira realizouse o pasado mes de setembro e nada máis rematar comezou a chover. Esta foi a razón que motivou que os labregos tivesen que volver a arar as súas leiras e comezar de novo, porque “a colleita deste ano xa se pode dar por perdida”, asegurou un dos agricultores da comarca.