A Agrupación musical da Limia deu o seu concerto de primavera

Agrupación musical da Limia
A Agrupación musical da Limia deu o seu concerto de primavera

Ante un nutrido público a agrupación musical deleitou aos seus seguidores cunhas cantas pezas do seu repertorio entre as que se encontraron a Alborada de Veiga, a cal podemos disfrutar no noso vídeo.

ESTREO DE PEZA DE CONCURSO

Unha das interpretacións da banda, foi o estreo dunha peza musical que terán que incluír como obrigatoria, no certame de bandas de Toro (Zamora), o cal foron invitados a participar con outras bandas do territorio nacional.

Esta será unha das próximas actuacións que máis tempo lle están a dedicar, pois é a primeira vez que son invitados este afamado certame.

Tódolos compoñentes da agrupación recibiron o final do concerto desta tarde, en pé, un sonoro e acalorado aplauso dos que se acercaron a casa de Cultura.

O director da banda, quixo nun descanso do concerto agradecer a presenza dos afeccionados a música presentes no salón, así como aos concelleiros Carlos Gomez e Luís M. Gil, polo apoio que sempre tiveron da concellería de cultura dende que el se fixo cargo dos alumnos.