A Agrupación Musical da Limia pon en marcha unha nova escola de formación musical

escola
A Agrupación Musical da Limia pon en marcha unha nova escola de formación musical

Unha nova insitución formativa musical nace en Xinzo de Limia. A Agrupación Musical da Limia pon en marcha unha escola que inclúe tamén actividades extraescolares.

A oferta complétase coas modalidades de vento metal, vento madeira, percusión e reforzo dos estudos reglados do Conservatorio de Xinzo. Así mesmo hai tamén un conxunto de actividades extraescolares como o xardín musical para nenos de 4 a 5 anos ou a banda infantil.

A matrícula ten un custe de 20 euros e un pago de 15 euros ó mes por tres sesións semanais. Existe outra modalidade de pago que son 50 euros ó mes por catro horas semanais e inclúe 1 hora de instrumento, 1 hora de linguaxe musical e 2 horas de banda de música.

O director da agrupación, José José Luis Tielas, declarou que se trata dun bo momento para darlle un pulo á institución musical e coa escola poder garantir a súa contiuidade.

Levaron xa a cabo os seus primeiros talleres escolares no colexio Carlos Casares para mostrar a súa oferta formativa ante a atenta mirada dos más pequenos.