As aguias reais aumentan a familia no Xurés

Xurés
As aguias reais aumentan a familia no Xurés
Cando menos dúas parellas desta especie conseguiron criar sorprendendo a Xunta que non o agardaba ata 2017 REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia As aguias reais...

Cando menos dúas parellas desta especie conseguiron criar sorprendendo a Xunta que non o agardaba ata 2017

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

As aguias reais non facían do Xurés a súa casa desde os anos 60. Pero agora, os fillos de cando menos dúas parellas desta especie volverán a ser da Baixa Limia. A Xunta ven de constatar a súa nidificación no parque natural. Todo un fito histórico este retorno dunha ave en perigo de extinción que ademais superou con creces todas as expectativas, pois segundo recordou Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, “o obxectivo era acadar a reprodución da especie de forma natural no horizonte de 2017”.

Así, e catro anos antes do previsto vén a dar os seus froitos o programa de reforzo da aguia real. “Acadamos resultados moito antes do esperado, xa que é a única especie catalogada en perigo de extinción en Galicia que presenta unha evolución positiva tan grande”, concretou Hernández.

Ademais durante a reunión que mantivo o conselleiro en Lobios onte pola mañá, para a que convocou ao persoal do parque do Xurés e aos alcaldes da comarca, tamén se falou dos grandes estragos que fixo o lume nestes paraxes o pasado mes de decembro. Hernández explicou que están estudando repoboar con piñeiros as trescentas hectáreas que foron calcinadas nesta reserva natural.