Aínda quedan algunhas prazas libres

Aínda quedan algunhas prazas libres

INICIO DO CURSO NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE XINZO DE LIMIA

O conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia abre as súas portas e comeza a actividade. O claustro de profesores xa está a traballar e organizar o curso e nesta ocasión con máis celeridade que nunca, xa que as presentacións e inicio da actividade lectiva está prevista entre os días 8 e 12 de setembro. A dirección do conservatorio anuncia para todos aqueles que estean interesados que se poden informar das prazas que todavía quedan libres nos teléfonos 698137492- 600435655 (en horario de tarde), no correo electrónico cmus.profesional.xinzo@edu.xunta.es ou no propio centro.