A Avenida de Portugal nas aforas de Xinzo de Limia, foi o escenario dun roubo que se produciu nos últimos días. Os ladróns entraron nunha vivenda pola porta de atrás e levaron todo canto quixeron. Segundo recolle o xornal La Voz de Galicia, os cacos subtraeron mobles, colchóns e mesmo portas.
No momento do roubo a vivenda estaba baleira pois os donos teñen a súa primeira residencia en Ourense cidade. Foi un familiar da dona quen alertou do sucedido. Polo momento descoñécese o día exacto no que se produciu o asalto á casa.
Non é a primeira vez que actúan os ladróns na zona e mesmo xa trataran de entrar nesta vivenda. Os feitos aconteceron fai uns meses cando un veciño viu xente descoñecida rondando a casa. O home alertou as forzas de seguridade o que propiciou a fuxida destas persoas.
Ante estes intentos de roubo na Avenida de Portugal, a veciñanza di ter medo e reclaman máis vixilancia na zona.