O alcalde dará explicacións

alcalde y portavoces
O alcalde dará explicacións
Antonio Pérez convocou unha reunión para mañá na que informará aos voceiros dos grupos políticos sobre o que acontece co...

Antonio Pérez convocou unha reunión para mañá na que informará aos voceiros dos grupos políticos sobre o que acontece co secretario

REDACCIÓN

Segundo informou a Cadena Ser, tódolos voceiros dos grupos políticos con representación no consistorio limiao foron citados polo alcalde da vila para un reunión que terá lugar mañá. Durante esta xuntanza, Antonio Pérez esperaría poder informar aos seus compañeiros de corporación sobre cal é a situación co secretario municipal, despois dalgunhas novas e rumores que se veñen cociñando na vila nos últimos días. Os máis recentes suxerían a suposta intención de precintar o ordenador deste funcionario público.

Con todo, e segundo a cadea, o único en terse pronunciado sobre esta convocatoria tería sido o responsable do BNG, Ramiro Rodríguez quen asegurou que se as explicacións de Pérez non o convencen, pedirá ao presidente da Deputación e do PP provincial, Manuel Baltar que esixa a súa renuncia.