O alcalde de Entrimo na nova comisión executiva do PSdeG

Ramón Alonso
O alcalde de Entrimo na nova comisión executiva do PSdeG
Ramón Alonso formará parte do equipo de Gómez Besteiro como responsable das Relacións coas Comunidades no Exterior REDACCIÓN O rexedor do concello de Entrimo, Ramón Alonso é un dos poucos ourensáns escollidos para formar...

Ramón Alonso formará parte do equipo de Gómez Besteiro como responsable das Relacións coas Comunidades no Exterior

REDACCIÓN

O rexedor do concello de Entrimo, Ramón Alonso é un dos poucos ourensáns escollidos para formar parte da nova comisión executiva dos socialistas de Galicia, liderada por José Ramón Gómez Besteiro. O novo líder autonómico, que foi refrendado o pasado domingo no congreso do partido celebrado en Santiago, reduciu o número de representantes ourensáns en máis dun 30 por cento, dando máis peso na nova executiva á facción denominada "paquistas" (en referencia ao exalcalde de Ourense, Francisco Rodríguez). Un achegamento aos que se mostraban pouco afíns coa política do anterior secretario xeral, Manuel "Pachi" Vázquez. Alonso, marido de Carmen Acosta, secretaria á súa vez da Agrupación Local do partido en Ourense, encargarase a partir de agora das Relacións coas Comunidades no Exterior.