O alcalde de Xinzo foi recibido pola Delegada Territorial da Xunta

060918 Reunión alcalde Xinzo1
O alcalde de Xinzo foi recibido pola Delegada Territorial da Xunta

De moi satisfactoria , para os intereses de Xinzo e os veciños, calificou Cabas a reunión coa delegada

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira,(Límiá de nacemento) mantivo esta mañá no seu despacho o seu primeiro encontro institucional co novo alcalde Manuel Cabas.

Marisol informou ao alcalde tanto das actuacións que leva tido a Xunta no que vai de ano, como os proxectos que están pendentes, informando ao alcalde de en que fase de procedemento administrativo se atopan , así como recibindo as novas peticións do alcalde.

AVENIDA DE CELANOVA E CIRCUVALACIÓN

Un dos temas que trataron a fondo foi o da avenida de Celanova e a circunvalación, que segundo lle adiantou a Delegada, o Presidente da Xunta ten intención de nos próximos días achegarse a Xinzo para firmar o convenio para levar a cabo todo o proxecto.

O alcalde, Manuel Cabas, quere ser cauto nestas cuestións, e mentres non vexa feitos concretos no quere facer comentarios sobre os distinto proxectos, aínda que veu moi satisfeito da reunión coa delegada.