Os Concellos de Xinzo, Baltar e Rairiz de Veiga néganse a apoiar esta iniciativa, por medo a que se incremente o prezo
REDACCIÓN
Os rexedores de tres dos concellos da Limia: Xinzo, Baltar e Rairiz de Veiga, déronlle as costas á iniciativa presentada polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, pola que pretende levar a cabo a privatización do servizo de recollida de lixo. Os tres rexedores populares temen que a empresa adxudicataria eleve os prezos e diminúa a calidade do servizo, co consecuente prexuízo para os usuarios.
Dous destes alcaldes, Antonio Pérez e José Antonio Feijóo son ademais deputados provinciais polo partido popular, polo que a súa abstención á hora de aprobar este novo plan presentado polo seu propio grupo é significativa. Coincide así mesmo, que estes tres políticos son noticia esta semana por ter unha cita cos tribunais imputados en distintas causas.
Pleno en Lobeira
O Concello de Lobeira acollía onte a tarde un pleno de carácter extraordinario, de puro trámite e sen ningún punto importante segundo a oposición. O rexedor do municipio leva enfermo xa varias semanas, e é o tenente alcalde quen firma as convocatorias. Desde a oposición quéixanse de non ter noticia algunha do rexedor, e que son os funcionarios os que gobernan en Lobeira ca axuda dun carimbo.