As aldeas limiás mediranse nas Olimpíadas

Olimpiadas Inter-Pobo
As aldeas limiás mediranse nas Olimpíadas
Aguilhoar organiza unha xornada de probas deportivas tradicionais no campo da Moreira REDACCIÓN As aldeas e lugares da Limia poderán medir as...

Aguilhoar organiza unha xornada de probas deportivas tradicionais no campo da Moreira

REDACCIÓN

As aldeas e lugares da Limia poderán medir as súa forzas e comprobar a súa pericia no lanzamento de sacho ou a chave, na 3ª Edición das “Olimpiadas Inter-Pobos” organizadas  ao abeiro do centro social Aguilhoar neste oitavo festival da Mocidade. Os mozos e mozas limiaos deberán organizarse por equipos, conformados segundo o lugar do que proveñan, para vir a enfrontarse ata en 12 probas deportivas distintas, o próximo 24 de agosto no campo da Moreira.

A inscrición permanecerá aberta ata dous días antes da competición, e os únicos requisitos son que haxa cando menos unha participante feminina por cada equipo, formacións que han de ter un mínimo de seis compoñentes. O prezo de participación será de 5 euros por persoa e todos aqueles que decidan animarse, deberán achegarse ou ben ao propio centro social Aguilhoar ou á Sala Clan.

Un concerto de “Arremecaghona Produçions” na Clan e o reparto dos trofeos para os vencedores porán o broche final á xornada deportiva, que comezará arredor das 10:30 horas da mañá.