Alerta amarela na Limia por temperaturas que poden superar os 35 graos

calor
Alerta amarela na Limia por temperaturas que poden superar os 35 graos

As altas temperaturas regresan e fano con forza na Comarca da Limia. O boletín informativo publicado por Meteogalicia destaca que o sur de Ourense e o interior de A Coruña serán as dúas zonas de Galicia nas que máis se van notar as fortes temperaturas.

As horas máis críticas serán entre as 15h e as 21h nas que se poden superar os 35 graos e incluso acadar os 39 na zona da Limia.

Os expertos aconsellan evitar expoñerse ó sol nas horas centrais do día, non abusar das bebidas con azucre e facer comidas lixeiras.