¡¡ALERTA EN XINZO E COMARCA!!

1137745_1
¡¡ALERTA EN XINZO E COMARCA!!

Dende onte, segundo puido saber este xornal, atópanse en Xinzo, actuando, persoas que se achegan a persoas, normalmente de idade, para roubarlles co procedemento do ABRAZO.

Os membros de seguridade recomendan que cando algunha destas persoas, sempre descoñecidas” se lle acheguen con verbas “cariñosas” e con intencións de abrazalos, para a continuación roubarlles, cadeas, reloxos etc. Normalmente actúan en parellas, e mentres unha delas lle da o abrazo a outra intenta roubarlle.