Na tarde do mércores varios país de rapaces que se atopaban xogando no parque do Toural deron aviso a Policía Local polo que en principio parecía un niño de abellas nunha papeleira do parque.
Avisados os membros de protección Civil, desprazáronse ata o lugar comprobando que unicamente se trataba dun pequeno “enxame” de abellas que se estaban alimentando dos restos, abundantes, de comida e doces que se atopaban no recipiente.
A policía tivo que acordoar a zona para espera a que chegada a noite as abellas regresaran a súa colmea. Deron aviso a brigada de limpeza para que a mañá cedo fagan a limpeza da papeleira, para que cando volvan, xa non atopen comida doce, que parece ser que era o que vertía da bolsa.