ALIMAGRO inaugúrase mañá venres ás 12:00

Vista recinto feiral do pavillón
ALIMAGRO inaugúrase mañá venres ás 12:00

Os dous recintos feirais a falta dos últimos adornos

Practicamente ao 100% os stands, tanto exteriores de maquinaria, como os que están no pavillón de deportes están preparados para que mañá a partir das 12 da mañá as autoridades que participan na inauguración, reciban a súa visita.

AUMENTO DE MAQUINARIA AGRÍCOLA

Con respecto a edición pasada a maquinaria agrícola presente na feira representa a práctica totalidade de marcas do mercado en España.

AUSENCIA TOTAL DE ALMACENISTAS/DISTRIBUIDORES

20220901_221337

Facendo unha visita aos stands que están no pavillón de deportes dáse un conta da ausencia total, sómente dous están presentes, de almacéns e comercializadores de pataca da Limia. Realmente é de destacar que a feira que se organiza, para exaltación da pataca, produto case único da Limia, e as firmas que se encargan do almacenamento e distribución da pataca estean ausentes da feira.

DEGUSTACIÓN ÁS 13:00

Dentro do programa paralelo a feira de degustacións, ás 13:00 comezará dentro do recinto pechado unha degustación de produtos elaborados a cargo do cociñeiro Victor Burgos. Os asistentes poderán entre outros pratos Tenreira Galega ó caldeiro con pataca de Galicia e chouriza de Lalín.