ALMORZO “MEDITERRANEO” OU “OCCIDENTAL” POR 2,5 €. ESTA SERÁ UNHA DAS ESPECIALIDADES DO NOVO BANDO´S

Momento da inauguración da cafetería
ALMORZO “MEDITERRANEO” OU “OCCIDENTAL” POR 2,5 €. ESTA SERÁ UNHA DAS ESPECIALIDADES DO NOVO BANDO´S

Oscar-Sonia- Lourdes e Rubén rexentan dende onte un renovado Bando´s, contando novamente coa recoñecida profesional da hostelería “Oti” Ata a bandeira,...

Oscar-Sonia- Lourdes e Rubén rexentan dende onte un renovado Bando´s, contando novamente coa recoñecida profesional da hostelería “Oti”

Ata a bandeira, e mais ala estaba dende as sete da serán a cafetería e a rúa do Peto. Era o día sinalado para a reapertura do local que fai dous meses que pechara e deixara a Xinzo sen unha das súas cafeterías de referencia. Nestes dous meses os novos propietarios fixeron a reforma para presentar, un renovado local, pero sobre todo unas renovadas ideas. A primeira, según nos comentou Sonia, serán os almorzos. Entendemos que é a comida mais importante do día polo que a partir das sete e media da mañá con produtos autóctonos e naturais, elaborados e comprados na comarca da Limia, realizarán almorzos denominados Mediterráneo e Occidental. Tamén nunha zona do local, a partir de certa hora da tarde serviranse uns tes naturais con flores comestibles. Seremos os primeiros en Galiza en ofrecer estas flores. Tamén durante todo o día haberá pinchos autóctonos entre o que se encontrará a especialidade da cas o PATATEO. Cunha inversión respetable e creando 3 postos de traballo volve a estar cos seus clientes o Bar Bando´s Noraboa e sorte.