O alumnado de ESO, infantil e primaria ,non volverán a clases presenciais ata setembro

2
O alumnado de ESO, infantil e primaria ,non volverán a clases presenciais ata setembro

Os de Bacheralato y FP volverán (voluntariamente) a partir do luns 25 deste mes de maio

Esta foi a decisión tomada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, unha vez remata a reunión da Ministra Celaá cos Conselleiros das autonomías.

Segundo avanzou Celaá, as comunidades recibirán hoxe ou mañá recomendacións sanitarias para a reapertura parcial dos centros educativos e para o desenvolvemento das probas de acceso á Universidade (ABAU).

image_gallery

Galicia demandou en reiteradas ocasións un protocolo sanitario específico para o ámbito educativo, avalado polos ministerios de Educación e de Sanidade, como paso previo para organizar a volta as aulas que, segundo estableceu o Goberno central, podería producirse a partir do 25 de maio nas comunidades autónomas que avancen á denominada Fase 2 do plan de reactivación cara á nova realidade.

Para Carmen Pomar, non se entende que diversos sectores económicos dispoñan xa dun protocolo sanitario para a súa reactivación mentres o educativo, que move millóns de persoas en todo o Estado, non o teña a pouco máis dunha semana de poder abrir os centros. A conselleira lamentou a demora do Ministerio no envío do documento e en especial que non puidese ser avaliado conxuntamente na reunión mantida hoxe.

Folla de ruta para o vindeiro curso

Canto ao vindeiro curso escolar, a conselleira insistiu na necesidade de que o Ministerio estableza “unha folla de ruta clara que garanta a igualdade no acceso á educación de todo o alumnado”. Neste sentido, confirmou a participación de Galicia no grupo de traballo que, segundo anunciou o Ministerio, se creará proximamente para preparar o curso 2020-21 e que abordará a organización escolar, a programación didáctica e a dotación tecnolóxica adaptadas á situación derivada da pandemia do COVID-19.