O alumnado de Xinzo visita as fragas do Mosteiro de Trandeiras para poñer en valor o patrimonio natural

Visita a Trandeiras do alumnado do IES Lagoa de Antela
O alumnado de Xinzo visita as fragas do Mosteiro de Trandeiras para poñer en valor o patrimonio natural

A alcaldesa, o concelleiro de Educación e un membro da Asociación Amigos das Árbores acompañaron a profesores e alumnos do Lagoa de Antela

Foi unha clase sen pupitres, pero cun alto valor didáctico. Máis de medio cento de alumnos e alumnas do IES Lagoa de Antela romperon esta mañá coa rutina nunha visita ao entorno do Mosteiro de Trandeiras. Acompañados da alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; do concelleiro de Educación, Alberto Martínez, o axente forestal e representante da Asociación Amigos das Árbores, Xosé Santos, e catro docentes, os estudantes tiveron ocasión de coñecer a riqueza natural da zona e as consecuencias que pode ter para o planeta non coidar do medio que nos rodea. Os mozos e mozas tamén realizaron unha andaina ata o Castelo da Pena, achegándose ao patrimonio cultural de Xinzo de Limia.

Trandeiras1
Alumnado recibindo explicacións as portas do Mosteiro