7 de julio de 2020, 18:36
Elvira Lama, parece que se decidiu a coller uns merecidos días de descanso, os primeiros oficiais dende que fai máis de un ano se fixo cargo da alcaldía.
Amador despachou nese lugar os asuntos de papelexo, despois de estar visitando as brigadas de desbroces as sete da mañá, as oito as máquinas que andan a limpar as cunetas e as doce ao concello para as cousas de trámite. Reunión co concelleiro de Obras, Moncho para a continuación trasladarse ámbolos dous ata as piscinas para reunirse co persoal da empresa adxudicataria do recinto, e ver persoalmente que todo estaba nas debidas condicións para a súa apertura, que se realizou realmente as dúas do mediodía.