Andrade ó alcalde:” Que teña coidado co que di”

Juan M. Andrade
Andrade ó alcalde:” Que teña coidado co que di”

Todo isto e froito dunha campaña de distracción para que non se fale do que lle espera de agora en adiante

Non sei a que ven todo isto posto que eu xa non son o seu inimigo. Que me olvide porque eu dende mañá mesmo vou a empadroarme en Xinzo, polo que de quen ten que preocuparse supoño que será de todos os que non están de acordo co que fixo.

Fai catro anos cando escoitaba a palabra \“Baltar\” transformábase como se estivera posido por Satán. Solo uns meses despois é todo o contrario. Alá el.

O que non entende Juan M. Andrade, e si ó final lle deu os 50.000 €. Se foi así terá que dicir de onde viñeron e si non, que el tería que pedir o que gastou realmente, que foron moitos máis.

Entende que todo isto non é mais que unha campaña de distracción para non falar dos problemas que a partir de agora vai a ter con aqueles que non están de acordo co seu transfugismo, pero alá el e o PP.

Tamén afirma Andrade da súa intención de non volver a falar do PP de Blancos, nin do alcalde, que xa fai dous días que está a traballar noutros proxectos.

Se quere saber o que dixo o Alcalde sobre Juan M. Andrade prema aquí