Ángel Cocho converterase en fillo adoptivo da vila de Xinzo

6813233319_752a42a794_b-660x330
Ángel Cocho converterase en fillo adoptivo da vila de Xinzo
A concellería aposta por porlle o seu nome ao Auditorio Municipal O Concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo, Carlos Gómez,...

A concellería aposta por porlle o seu nome ao Auditorio Municipal

O Concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo, Carlos Gómez, levará a pleno o próximo xoves o expediente de honra para nomear a Ángel Cocho Ferrero, fillo adoptivo da vila. Ademais, proporase tamén bautizar o Auditorio Municipal, despois da recente reforma de ampliación do aforo e do escenario, co seu nome. Con este expediente de honra o municipio limiao pretende homenaxear a esta insigne figura que protagonizou a vida educativa e cultural da vila durante máis de trinta anos. Durante este tempo Ángel Cocho, pai do escritor e xornalista Federico Cocho,foi director do colexio Santa Mariña, converténdose na súa “alma e moito máis”, sinala Carlos Gómez. Por este centro pasaron varias xeracións de limiaos que puideron así acceder aos estudios de bacharelato, “algo ata daquela reservado para as familias que se podían permitir pagar un internado para os seus fillos en Ourense ou Vigo”, explica o responsable de Cultura.                                                                  Ángel Cocho, nado na Coruña pero establecido en Xinzo desde 1953, orientou o seu labor sobre a base da promoción persoal a través da formación educativa integral, a práctica do deporte e sobre todo a concepción do colexio como foco de irradiación da cultura. Todo este traballo que mantivo ata o seu pasamento en 1976, deixou unha importante pegada na memoria de todos os mozos e mozas que pasaron pola súa escola, é por iso que agora o Concello quere recoñecer a súa contribución con esta importante distinción. Redacción Dende a Limia