Anova A Limia pide a renuncia de Antonio Pérez e o seu equipo

IMG_1503
Anova A Limia pide a renuncia de Antonio Pérez e o seu equipo
Esta organización política considera “vergoñenta a situación xudicial na que se atopa o alcalde” REDACCIÓN redac@dendealimia.com A formación política Anova A Limia solicitou...

Esta organización política considera “vergoñenta a situación xudicial na que se atopa o alcalde”

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

A formación política Anova A Limia solicitou a dimisión de Antonio Pérez e de todo o grupo municipal de goberno ante a situación “vergoñenta” do Concello e principalmente, “as circunstancias xudiciais do alcalde”. O partido nacionalista estende a petición de renuncia a todo o grupo de goberno debido as declaracións de Pérez  no pleno do pasado luns nas que segundo asegura Anova dixo que “a súa responsabilidade é a mesma cá de calquera outro concelleiro”.

Con respecto aos asuntos que teñen ao municipio nos xulgados, as oitos sentenzas contra contratos irregulares de persoal, desde Anova condenan “todo tipo de contratacións que non sigan os cauces legais establecidos e, especialmente, as derivadas de relación persoais e de afinidade política, conculcando a igualdade de oportunidades para acceder a un posto público”.