O Antela ascende a falta dunha xornada

Antela ascende
O Antela ascende a falta dunha xornada
Nesta xornada o Antela confirma o seu regreso a 1º autonómica cunha vitoria ante o Xunqueira, neste partido marcaron Iago,Marcos...

Nesta xornada o Antela confirma o seu regreso a 1º autonómica cunha vitoria ante o Xunqueira, neste partido marcaron Iago,Marcos e Javi (xuvenil)

Partido moi fácil para o equipo local,  xa que o visitante non se xogaba nada.

Gran triunfo e gran vitoria polo que significaba todo un regreso a 1º rexional dun equipo histórico.Con esta vitoria ponse primeiro na liga a falta dunha xornada.

O Boado viaxou ata Entrimo xa co ascenso celebrado, perdeu por un 2-0 cun arbitraxe moi malo .Xa é hora que a federación tome medidas porque un partido sen nada en xogo puido acabar mal.

O Porqueira desprazouse a Lobios e sufriu un contundente 6-0 nun partido importante para o equipo local e sen nada que facer por parte visitante.

O  Piñeira gaña por un 0-2 na Merca e ó  Cualedro gañou tamén por un 0-4.

 Estes equipos chegan ó final de tempada co obxectivo de gañar e depender dos arrastres dos equipos de preferente.

Felicidades a Boado e Antela e sorte para Piñeira e Cualedro.