Antonio Pérez volve a xogar a baza do descoñecemento dos informes do secretario

Antonio Pérez volve a xogar a baza do descoñecemento dos informes do secretario
O Concello ven de presentar tres recursos en contra das sentencias que acusan ao rexedor limiao de desviación de poder REDACCIÓN redac@dendealimia.com O...

O Concello ven de presentar tres recursos en contra das sentencias que acusan ao rexedor limiao de desviación de poder

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

O Concello de Xinzo e o seu alcalde, o popular Antonio Pérez, insisten. Insisten en que o rexedor descoñecía os máis de corenta informes en contra, que o agora xa ex-secretario do municipio, elaborou ante as súas actuacións presuntamente irregulares na contratación de persoal. Insisten nesta alegación para interpoñer cadanseu recurso ante as tres sentenzas do contencioso-administrativo que aprecian desviación de poder nas actuacións de Pérez.

O secretario, que dimitiu recentemente despois de que a Policía Local precintase o seu ordenador o pasado 18 de novembro, non tería, segundo o Concello, comunicado ditos informes á xunta de goberno polo que Pérez asegura que os  descoñecía. Porén, este mesmo argumento xa foi empregado pola defensa do municipio nos xuízos que remataron anulando os contratos realizados por Pérez, e acusándoo de desviación de poder e incluso de indicios de prevaricación. Nesta primeira ocasión os xuíces reaccionaron con incredulidade ante este feito chegando a afirmar que este argumento era “pouco crible e que de ser certa o único que demostraría é unha inescusable neglixencia nas súas funcións por parte do alcalde que tería emitido o seu decreto sen ler informe algún”.

A pelota está agora no tellado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que será o encargado de decidir quen dos dous está no certo, se o Concello e o alcalde, ou os maxistrados do contencioso-administrativo de Ourense.