Foron sete os feridos provocados por unha colisión múltipple producida onte, domingo, na A-52 ao seu paso por Xinzo. Así informaron fontes da Garda Civil de Tráfico, que precisaron que os doentes trasladados ao hospital –entre os que se atopaban dous menores– non revestían gravidade.
O aparatoso accidente produciuse sobre as 9:15 horas da mañá do domingo, no quilómetro 191 da autovía das Rías Baixas en sentido a Verín e puido ser desencadeado logo de que o condutor dun Citroën Xsara minorase a velocidade tras sufrir un deslumbramento solar tralo paso por un banco de néboa intensa. Estas son as primeiras conclusións ás que se chegou segundo indicou o equipo de atestados.
No choque víronse implicados un Citroen Xsara, un Fonda Accord, un Opel Astra, un Seat Alhambra, dous Citroen C-5 e un Hyundai. As circunstancias do sinistro obrigaron ao feche do carril dereito ata as 11 horas.