Aparatoso accidente en Xinzo

IMG-20131223-WA0001
Aparatoso accidente en Xinzo
Un turismo caeu desde a rúa ata a entrada dun aparcamento subterráneo seguramente debido a unha derrapaxe REDACCIÓN redac@dendealimia.com Arredor das 14 horas...

Un turismo caeu desde a rúa ata a entrada dun aparcamento subterráneo seguramente debido a unha derrapaxe

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Arredor das 14 horas de onte, un turismo circulaba por unha rúa da vila limiá cando caeu na saída dun aparcamento subterráneo. Segundo fontes policiais, o motivo do accidente puido ser unha derrapaxe que obrigou ao condutor a frear, e fíxoo precipitarse ao túnel.

Debido ao aparatoso do accidente, pois o vehículo caeu cas rodas cara arriba, as autoridades enviaron unha grúa de rescate “corrente”. Porén non foron capaces de retiralo deste xeito, polo que fixo falta un guindastre máis potente que finalmente logrou despexar a entrada do aparcamento. Na operación participaron a policía local e os bombeiros do parque comarcal de Xinzo.