“Apareceúselle” en plena noite e no medio da estrada, a rotonda dos institutos

IMG-20200211-WA0001
“Apareceúselle” en plena noite e no medio da estrada, a rotonda dos institutos

Cando pasei cara a Xinzo non había rotonda e agora, ao volver, hai unha, quen puxo a rotonda?

O sinistro ocorreu ás 23,30 horas do día de onte (luns 10 de febreiro) , no quilómetro 199,200 da estrada N-525 (Zamora-Santiago), na travesía de Xinzo de Limia (Ourense) -xunto aos institutos- . O condutor dun Renault Scenic, de 23 anos e veciño de Xinzo de Limia, saíuse da vía pola súa marxe esquerda e, tras circular sobre a rotonda, arrincou a sinalización vertical, resultando o vehículo sinistro total.

IMG-20200211-WA0000Desprazado ao lugar, o equipo de atestados do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense, someteu ao condutor ás probas para a detención de alcol aire expirado, arroxando unha taxa que quintuplicaba o máximo permitido.
Entre proba e proba, descendeu do furgón de atestados e en voz alta dicíalles aos curiosos que se ían achegando, entre os que se achaban os empregados dun bar próximo: Cando pasei cara a Xinzo non había rotonda e agora, ao volver, hai unha Quen puxo a rotonda?
Para atender este sinistro foi preciso mobilizar: 2 dotacións de bombeiros de Xinzo de Limia. Protección Civil de Xinzo de Limia. 1 patrulla de seguridade Cidadá do posto de Xinzo de Limia. 1 equipo de atestados.

Os feitos foron postos en coñecemento da autoridade xudicial de Xinzo de Limia e o raparigo pode enfrontarse a: PENA DE PRISIÓN de 3 a 6 MESES ou a PENA de MULTA de 6 a 12 MESES ou a PENA DE TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE de 31 A 90 DIAS, e en calquera caso, coa de retirada do permiso de conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a UN ANO e ata CATRO ANOS.

IMG-20200211-WA0002Ademais do anterior, a compañía aseguradora resérvase o dereito para solicitarlle o reembolso das cantidades que puidese ter que adiantar para abonar os gastos ocasionados pola reparación da sinalización e limpeza da vía.