A apertura do “Macellum” e os espectáculos matinais do sábado

esquecemento 1 (4)
A apertura do “Macellum” e os espectáculos matinais do sábado

Hoxe a mañá tiveron lugar as actividades do “saturdi” ou sábado da programación deste Esquecemento 2018. Dende ás 11h da mañá que se abriu a Jaima ca exposición de aves rapaces no parque do Toural ata ás 13:30 co espectáculo “seres fantásticos” polo casco vello.

esquecemento 1 (3)

O Macellum ou mercado abriu arredor das 12h do mediodía co acompañamento do grupo “Os gaiteiros de Taranis”. Como sempre, o mercado estaba ateigado de postos e xente mercando e paseando. Ás 12:30h desfilaron os Praetorians chegados de Lucus Augusti.

Ás 12 estaba previsto tamén o espectáculo "Os bufóns coa súa bola", na Praza Maior pero comezou algo máis tarde, e todos os presentes desfrutaron ca actuación.

esquecemento 1 (1)

esquecemento 1