sábado. 30.09.2023

O acto de apertura oficial da pista de xeo, así como do mercadelo de Nadal que se atopa no interior da mesma carpa, situada na praza Carlos Casares  levarase a cabo mañá sábado ás 16:00 coa presenza da alcaldesa Elvira Lama e o Concelleiro de Cultura Ramiro.

CASA DE PAPA NOEL E ENCENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL

Segundo puidemos saber o aceso do alumeado de Nadal será tamén mañá sábado, aínda que as novidades da decoración da praza Maior, non se instalarán ata finais da semana que ven, segundo confirmou, esta noite,  o concelleiro Penabad.

A que si está xa instalada na praza Maior é a casa de Papa Noel, novidade tamén deste Nadal 21.