Arrancan as obras no entorno do grupo Sta. Mariña e Parque do Pombal

IMG_20181022_171829
Arrancan as obras no entorno do grupo Sta. Mariña e Parque do Pombal

Cunha inversión de case 100.000 €

Segundo nos confirma o alcalde Manuel Cabas e o responsable da concellería de obras Ricardo Sieiro, esta mesma semana comezarán as esperadas obras de reposición e adecentamento da beirarrúa do grupo Sta. Mariña, dende o parque do Torual ata estación de autobuses.

REFORMA E REPARACIÓN DO PARQUE DO POMBAL

cats

Outra das reformas que estaban pendentes e que o alcalde había anunciado na mesma semana da súa toma de posesión consiste na reposición do lousado do parque cun adecentamento do entorno da estatua da pantalla, así como a reforma do solo do propio parque, cambiando por caucho, para adecualo as medidas de seguridade esixidas actualmente, así como a incorporación dun par de elementos máis de xogo, o máximo que permite a superficie actual con que conta o sitio de xogo.

Seguindo o esquema que xa se fixo na beirarrúa do outro lado da estrada, deixaranse ocos para plantar árbores, así como bancos . Desta maneira o tramo de entrada da avd de Ourense quedará homoxeneizado.

A partir de agora, todas as actuacións, que segundo o concelleiro van a ser varias nos vindeiros meses, pero que se irán anunciando co comezo das mesmas, faranse coa mesma forma e cos mesmos elementos ornamentais unificados.