Arroz, arepas e tortas para retomar a actividade da asociación Ignacia Gómez Paz

IMG_9432
Arroz, arepas e tortas para retomar a actividade da asociación Ignacia Gómez Paz
Esta organización de emigrantes retornados e inmigrantes iberoamericanos celebrou onte en Xinzo unha xornada gastronómica intercultural REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Con moito sabor, Arxentina,...

Esta organización de emigrantes retornados e inmigrantes iberoamericanos celebrou onte en Xinzo unha xornada gastronómica intercultural

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Con moito sabor, Arxentina, Ecuador, Brasil, Venezuela, Chile e República Dominicana estiveron representados, onte á tarde na Casa da Cultura de Xinzo. Pois celebrábase unha xornada gastronómica intercultural, organizada pola asociación de emigrantes retornados e inmigrantes iberoamericanos Ignacia Gómez Paz.

Un colectivo de relevante importancia na vila, pois entre inmigrantes e emigrantes retornados que obtiveron a nacionalidade do país de destino, suman arredor de 200 persoas. Todos os que o desexaron puideron acalar por un ratiño a morriña degustando unha vez máis os pratos máis típicos de cada país. Houbo arroz ecuatoriano, segundo a presidenta da asociación Matilde, “con muchísimos ingredientes y sumamente sabroso”, e representando a Venezuela e Arxentina, arepas e tortas fritas.

Xé, técnico do Concello experto en temas de Emigración non faltou a cita. Contounos que este evento pretende ser “un re arranque” da actividade da asociación que estaba algo parada, e púxonos ao día de todo o que teñen preparado a partir de agora. Entre os planes destacan a celebración de exposicións con produtos representativos de cada país e a creación dun concurso literario “con narracións que traten o tema da emigración e do retorno”.

Os concelleiros de Benestar e Cultura, Manuel Cabas e Carlos Gómez tampouco quixeron perderse a festa que estivo animada con ritmos caribeños e as ganas de desfrutar de tódolos asistentes.