A arte limiá triúnfa nas Canarias

Ledicia de Margarita Veloso
A arte limiá triúnfa nas Canarias
A pintora e arquitecta Margarita Veloso, natural da Baixa Limia, expón a súa obra con grande éxito no arquipélago REDACCIÓN As exposicións...

A pintora e arquitecta Margarita Veloso, natural da Baixa Limia, expón a súa obra con grande éxito no arquipélago

REDACCIÓN

As exposicións coa obra de Margarita Veloso non deixan de proliferar polas galerías e salas de Tenerife. Esta arquitecta da Baixa Limia comezou a coquetear ca arte, mediante as técnicas máis clásicas, pero pronto se decantou pola innovación. Decisión que se fai evidente na súa mostra “Arenas y formas”, que pode ser visitada na sala do “Círculo de la Amistad XII de Enero” de Tenerife, e onde permanecerá ata o próximo martes.

 A obra de Margarita Veloso ten como elementos fundamentais as areas, terras e telas. Segundo ela mesma afirma, “a forma de combinalas e entrelazalas, nunha vangarda modernista, dan como resultado unha innovación na forma de expoñer a arte”. Nunha volta por “Arena y formas” descubriremos obras con relieve de formas xeométricas, que xunto as cores e texturas das terras e areas, aportan a sobriedade que caracteriza o seu traballo.

Próximas exposicións

O éxito desta artista é imparable. A súa obra estará na Galería de Arte Neis na Orotava do 28 de setembro ao 23 de outubro. E posteriormente, do 26 de outubro ao 2 de novembro no Magma Adejo.