Este grupo de veciños reclama un local onde realizar as súas actividades que se lle nega desde o Concello
REDACCIÓN
Os membros da Asociación Cultural Os Muíños do Fragoso non dispoñen dun local onde poder desenvolver as súas actividades. Segundo afirman, esta situación é froito da negativa do seu alcalde, o popular Emilio Higuero Cardoso a cederlles un espazo. Un líder do que aseguran que é famoso polas súas prácticas caciquís, por conseguir poñerlle o seu propio nome á rúa principal da capital do municipio e por estar desaparecido nos últimos plenos. Un dos representantes deste colectivo defende que esta actitude responde á súa lóxica de non facer nin deixar facer, negándolles o que eles entenden é o seu dereito, a desfrutar dun local cando o Concello ten un edificio enteiro sen ningún uso.
Novas actividades
A pesar de estar loitando aínda porque lles concedan un local, desde a Asociación Os Muíños do Fragoso continúan traballando na preparación de novas actividades as que calquera que o desexe pode unirse. Para máis información preme aquí.