A asociación da pantalla defendese ante a polémica xurdida

71
A asociación da pantalla defendese ante a polémica xurdida

Eles solicitaron desfilar como asociación, ao concello e a comisión

Outra das polémicas xurdidas no desfile foi a de que algunhas persoas, sobre todo rapaces e rapazas, non pertencentes a asociación da pantalla querían desfilar como todos os anos con todo o grupo.

O responsable deste apartado declarou que a asocio da pantalla este ano solicitou ao concello e a comisión o abrir o desfile como calquera outro grupo. Tamén se lle deu a posibilidade a cada socio que podería traer ao desfile calquera amigo, sen problema, sempre que fose perfectamente vestido e seguise o decoro que debe presidir o comportamento dunha pantalla.

69No comezo do desfile a todos aqueles que non eran membros da asociación e non viñan con algún membro díxoselles que tiñan que participar no mesmo pero fora do grupo.

Simplemente actuamos como calquera outro grupo, o mesmo que as mulleres rurais ou a academia de baile que desfilaron, loxicamente os seus compoñentes.

Esta postura choca frontalmente coa costume de todos os anos anteriores, onde todos os que estaban vestidos de pantalla ían todos xuntos abrindo o desfile.