A Asociación Limia-Arnoia contrata persoal técnico para a xestión do programa LEADER 2014-2020

leader
A Asociación Limia-Arnoia contrata persoal técnico para a xestión do programa LEADER 2014-2020

Os postos a cubrir son 3: un coordinador, un técnico e un administrativo. As instancias deberán presentarse no Concello de Xinzo de Limia.

A Asociación Limia Arnoia GDR 10 vén de aprobar, na súa Xunta Directiva, unha convocatoria pública para a selección de persoal laboral contratado. O seu obxetivo será a xestión do programa LEADER 2014-2020 (programa de desenvolvemento rural) no ámbito territorial do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia. O equipo técnico, segundo os convocantes, "será contratado mediante un proceso selectivo que respectará os principios de igualdade, mérito e capacidade.

Os postos a cubrir son 3: un coordinador, un técnico e un administrativo condicionados á suficiencia orzamentaria da que se dispoña. A súa labor consistira na información e asesoramento á poboación sobre os fondos LEADER e outras posibilidades de desenvolvemento e recursos. Así mesmo, tamén acompañarán e asesorarán na xestión dos proxectos que se presenten ao programa LEADER, actuando sempre baixo a supervisión da Xunta Directiva do GDR "á que deberá dar conta de todas as súas actuacións e coa que se coordinará estreitamente". O seu horario será flexible en función das necesidades de cada momento e situación. Prevese constituír un equipo dinámico e interdiscipinar que viaxe constantemente polo territorio para divulgar ou difundir información e para asesorar personalmente aos promotores de proxectos.

O persoal contratado dará servizo nas oficinas de Xinzo de Limia, Allariz e Celanova. As bases de contratación están expostas no taboleiro de anuncios dos concellos de Xinzo de Limia e Sandiás. Para calquera dúbidas das persoas interesadas deberanse poñer en contacto co Concello de Sarreaus. As instancias deberán ser presentadas no Concello de Xinzo de Limia.