A auga subirá en Xinzo no 2017, 0,0004 € cada 30 m3.

concello de xinzo
A auga subirá en Xinzo no 2017, 0,0004 € cada 30 m3.

Unha concesión ata o ano 2046 obriga o Concello a subir o IPC anual

Nun pleno urxente celebrado na mañá do venres a corporación municipal aprobou cos votos do PP, da abstención do grupo de XA e en contra de PSdG e BNG a subida da auga para o ano 2017 un 0,2%, o mesmo que o IPC.

O portavoz do PP e do grupo de goberno xustificou esta subida por mor do contrato coa empresa Viaqua, asinado entre o Concello e a empresa sendo alcalde Isaac Vila. Recordar que o contrato asinado por aquela corporación, coa oposición de todos os concelleiros da oposición da época, non rematará ata o ano 2046.

Co incremento acordado onte a tarefa básica dos 30 m cúbicos subirá de 0,2122 céntimos de euro 0,2126. O mesmo incremento terao nos outros tramos, así como os servizos de rede de sumidoiros.

Os concelleiros da oposición rexeitaron a présa na celebración do pleno, así como que en anos anteriores en que o IPC foi negativo, non baixara a cota