A avd de Ourense terá novo abastecemento e novas beirarrúas

avd madrid 2
A avd de Ourense terá novo abastecemento e novas beirarrúas

O orzamento base de licitación das obras ascende a 285.040,75 euros, IVE incluído

Esta é a primeira obra que se vai a facer con cargo aos presuposto da Xunta dentro do convenio de máis de dous millóns de euros que o Presidente Feijoó asinou fai un mes en Xinzo.

O concello de Xinzo de Limia vén de facer públicos, a través da plataforma de contratacións públicas do Estado, os pregos administrativo e técnico para licitar as obras de mellora do saneamento e abastecemente; e de pavimentación das beirarrúas da Avenida de Madrid. O orzamento base de licitación ascende a 285,040,75 euros, IVE incluído.

Este procedemento incíciase tomando como base o Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia para o acondicionamento da OU-532 (Avenida de Celanova), a mellora de viais municipais e racionalización da rede viaria de titularidade autonómica. É ao amparo deste convenio polo que a Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galciia financia esta obra.

O prazo de execución das obras está fixado nun máximo de tres meses dende a concesión do contrato público, valorando positivamente aqueles proxectos presentados que diminúan o prazo de execución. Tamén será positivamente valorado nos proxectos presentados a ampliación do prazo de garantía establecido, como mínimo, nun ano.

As beirarrúas da Avenida de Madrid obxecto das obras sitúanse no tramo comprendido entre os cruces desta coas vías Rúa San Sebastián e Avenida de Portugal. A pavimentación deste tramo presenta, debido á súa antigüidade, unha deterioración xeneralizada, polo que o seu estado supón un problema para o tránsito peonil, principalmente para a mobilidade de persoas con discapacidade.

Para emendar o problema descrito proxéctase a remodelación das devanditas beirarrúas co fin de mellorar o seu estado e que o seu diseñou se adapte ás normas de accesibilidade. Paralelamente exponse para o mencionado tramo a renovación das redes de abastecemento e saneamento.

O Concello de Xinzo de Limia valora moi positivamente a execución dunhas obras que entende que dan resposta a una importante necesidade urbanística da capital da Limia e, especialmente, á normativa de accesibilidade urbana.