O baloncesto xa ten voz propia en Dende A Limia

Presente e futuro baloncesto limia
O baloncesto xa ten voz propia en Dende A Limia
A partir de hoxe publicaremos as crónicas deste deporte na Limia grazas a David Fernández Martínez REDACCIÓN redac@dendealimia.com Por fin o baloncesto conta...

A partir de hoxe publicaremos as crónicas deste deporte na Limia grazas a David Fernández Martínez

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

Por fin o baloncesto conta con voz propia en Dende A Limia.com. Esto será posible grazas a David Fernández Martínez, que a partir de hoxe publicará as crónicas de tódolos partidos que dispute calquera dos equipos do clube A.B. Xinzo.

David, que está totalmente implicado neste deporte como xogador e adestrador dos máis novos, convértese así no noso novo colaborador, unha noticia que xa saben vostedes que nos enche de ledicia e orgullo. Un máis para a nosa magnífica lista, benvido David!

Se queres ler a primeira crónica de David, correspondente á pasada xornada, preme aquí.