Bande móvese pola Terceira Idade

cartel_terceria_idade
Bande móvese pola Terceira Idade
A Asociación Cultural Bandidos Xóvenes organiza un curso de animación e intervención educativa con este colectivo REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Asociación Cultural Bandidos...

A Asociación Cultural Bandidos Xóvenes organiza un curso de animación e intervención educativa con este colectivo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Asociación Cultural Bandidos Xóvenes organiza en colaboración co Concello de Bande un curso monográfico de carácter semipresencial sobre Animación e Intervención Educativa coa Terceira Idade.

As sesións celebraranse no Albergue Municipal e serán impartidas pola Escola de Tempo Libre Xirxilar, os sábados 12 e 26 de abril e 3 e 10 de maio, en horario de 9 a 14 horas. Un total de 50 horas de contidos cunha matrícula a abonar de 50 euros.

Se queres anotarte, podes poñerte en contacto ben coa asociación ou coa escola de tempo libre en calquera destas dúas direccións de correo electrónico: bandidosxovenes@gmail.com ou xirxilar@xirxilar.com.