Benvidas Ainara e Telma
01:40 04/08/13
01:40 04/08/13
Rubén Veloso, un dos colaboradores de Dende A Limia, e a súa muller Eva foron pais de mellizas esta tardiña
Rubén...
Rubén Veloso, un dos colaboradores de Dende A Limia, e a súa muller Eva foron pais de mellizas esta tardiña
Rubén Veloso, coñecido deportista de Xinzo, destacado entroideiro e colaborador deste medio, xunto ca súa muller Eva, palentina afincada en Ourense, foron pais das mellizas Ainara e Telma esta mesma tarde. As nenas naceron arredor das 20 horas na residencia sanitaria da cidade das Burgas, e tanto elas coma súa nai están en perfecto estado de saúde. Felicitacións a Rubén e a Eva! E Ainara e Telma, benvidas á Limia!