Os Blancos e Vilar de Santos posiciónanse contra a lei de racionalización local

FOTOROLDA
Os Blancos e Vilar de Santos posiciónanse contra a lei de racionalización local
Doce alcaldes galegos, entre eles dous limiaos, pertencentes a CxG e independentes esíxenlle á FEGAMP que actúe no Congreso para...

Doce alcaldes galegos, entre eles dous limiaos, pertencentes a CxG e independentes esíxenlle á FEGAMP que actúe no Congreso para a retirada desta iniciativa

REDACCIÓN

Unha ducia de concellos galegos, entre eles Os Blancos e Vilar de Santos, todos eles independentes ou membros de Compromiso por Galicia, esíxenlles á Comisión Executiva da FEGAMP, conformada por rexedores dos grupos políticos maioritarios (PP, PSOE e BNG), que defendan no Congreso a retirada da Lei de Racionalización e Sostibilidade Local. O motivo desta petición é que a encontran sumamente “prexudicial”, para a prestación dos servizos básicos proporcionados polos concellos á veciñanza.

Este proxecto de Lei atópase na súa fase de debate na Cámara baixa e segundo estes alcaldes, cuxa cara visible é Xan Jardón, rexedor de Vilar de Santos, reducirá de “maneira significativa a calidade e universalidade” dos servizos prestados aos cidadáns por parte dos municipios. Por esta razón, Jardón pediu en nome de todos os seus compañeiros de causa, que se retire a lei e se abra un debate “amplo e sosegado”, que permita elaborar unha norma que se adapte más á situación galega, sobre todo o eido económico, para que preste atención a fenómenos coma a dispersión ou o envellecemento da poboación.