O BNG divide o seu voto entre a abstención e o non, nunha moción contra o terrorismo

Carreira Pleno
O BNG divide o seu voto entre a abstención e o non, nunha moción contra o terrorismo
O pleno de agosto da corporación limiá acolleu, desta volta si, o debate sobre os presupostos , MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO A asemblea local...

O pleno de agosto da corporación limiá acolleu, desta volta si, o debate sobre os presupostos

,

MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO

A asemblea local do Concello de Xinzo celebrada esta mañá, foi todo o contrario a do mes pasado, estivo repleta de debate. Aprobáronse, agora si con todas as da lei, os orzamentos para o ano 2013, aínda que refrendados unicamente polos votos populares. Pero sen dúbida, o momento máis candente da reunión chegou coa moción do grupo de goberno, onde se condenaba o terrorismo de Resistencia Galega. Esta moción que foi presentada en numerosos concellos de Galicia, recibiu en todos eles o voto negativo do BNG, por este motivo momentos antes de pasar ao debate do mesmo, o alcalde aseguráballe ao voceiro da formación nacionalista, Rodríguez Suárez: “teño moita curiosidade sobre como van vostedes a votar no punto que ven a continuación”. E os edís limiaos do BNG romperon os esquemas e a disciplina de voto. O portavoz decidiuse polo non, e o seu compañeiro Xosé Lois Carreira, pola abstención.

Sen fracturas

En declaracións a este medio, Carreira explicou que se trata da expresión da “súa propia vontade persoal”. O edil nacionalista aclarounos que na reunión previa ao pleno, os membros do grupo municipal non acadaron quórum na postura a adoptar sobre este tema, polo que decidiron que o voceiro representase o “non oficial do partido”, e que el mesmo dese voz a súa propia opinión, e a dos outros compañeiros que coinciden con el. “Non hai ningún tipo de fractura ou tensión entre nós” reiterounos Carreira, xa que “se de algo se pode gabar o BNG é de ser unha organización moi democrática internamente”. Se ben asegurou que o fondo da cuestión, é dicir a condena das actividades terroristas, “é inapelable”, desde o seu partido aseguran que esta iniciativa é unha viraxe oportunista do Partido Popular, “se cadra para desviar a atención doutros problemas máis acuciantes”. Acompañou a Carreira na abstención Pérez Bouza, o voceiro de ANOVA, e restou decidiu apoiala.