O pasado domingo, día 17 de decembro, celebrouse o IV Festival de Inverno no Pavillón Municipal de Xinzo de Limia. Nel, ademáis da paritipación das e dos ximnastas da Escola Municipal de Ximnasia de Xinzo, tamén se exhibiron clubes convidados de toda a provincia –entre eles, os de Barbadás, Celanova ou Ourense–.
Ao final do festival, a finalista olímpida Carolina Rodríguez, realizou unha estelar exhibición.
Mais non todo foi ximnasia. No acto e ante todos os asistentes, participou a Banda B da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia.
Ao final do festival, a finalista olímpida Carolina Rodríguez, realizou unha exhibición especial para fechar a xornada co seu recoñecemento como Madriña Honorífica da Escola de Ximnasia da capital da Limia.