Os bombeiros a policía e protección civil “entraron no Carlos Casares”

Circulación vial en Carlos Casares 1
Os bombeiros a policía e protección civil “entraron no Carlos Casares”

Día de demostración e aproveitamento para os nenos de infantil

Hoxe houbo que transportar as bicicletas e os triciclos nos autobuses de transporte escolar ata o colexio. O motivo non era outro máis que recibir unha lección práctica de circulación vial, despois da teoría aprendida onte.

Ata o centro desprazáronse os membros da Policía Local, os bombeiros e Protección Civil, para no patio montar un circuíto vial e así practicar os mais pequenos todo o aprendido no día de onte.

As sirenas dos diferentes vehículos entretiñan os mais cativos ata a hora de comezar a práctica.

Toda unha mañá moi práctica e moi divertida para os máis cativos, aínda que algún se asustou coas sirenas, tanto da moto da policía como do coche de protección civil

Ata houbo quen en vez de bicicleta, chegou co carriño do seu bebé para que a cousa fose aínda máis crible.