Os bombeiros de Xinzo tiveron que excarcerar un cento de porcos nun accidente en Allariz

accidente 2
Os bombeiros de Xinzo tiveron que excarcerar un cento de porcos nun accidente en Allariz

A causa foi que o camión que os transportaba envorcou

Esta mañá rexistrouse un accidente na N-525 ó seu paso por Allariz que produciu unha situación perigosa. Un camión que transportaba 200 porcos envorcou e en consecuencia un cento de animais quedaron libres creando problemas na circulación. Como causa do sinistro moitos dos animais faleceron.accidente 3

Os bombeiros de Xinzo tiveron que acudir ó lugar dos feitos para excarcerar os cochos que quedaron atrapados entre os ferros.

A Policía Local e a Garda Civil de Tráfico tiveron que regular a circulación na zona mentres o resto de efectivos trataban de coller ós animais que estaban soltos pola estrada. accidente 1

O condutor do vehículo saiu polo seu propio pé e foi trasladado ó Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para someterse a unhas probas.