As brigadas de Xinzo xa están listas para traballar

skreee
As brigadas de Xinzo xa están listas para traballar

Onte a maña impartiuse o curso de formación para os membros das Brigadas Anti-Incendios do concello de Xinzo de Limia, a quen se lle fixo entrega inmediata dos materiais para que puideran comezar coas súas labores. As brigadas sairon a subasta pública e a empresa á que foron adxudicadas é Conservación y Servicio Forestal S.L., quen elexiu a dez persoas para traballar nas brigadas, das cales moitas xa traballaran nelas anos anteriores.

No curso, aprenden a como reaccionar durante as diferentes situacións que poden suceder durante o incendio (cambios de vento, pendiente..), sempre priorizando a súa seguridade e para realizar o traballo do xeito máis eficaz posible. No curso formaronse quince persoas, as dez que forman parte da brigada e cinco máis por se nalgún momento se necesitasen efectivos estivesen preparados. Os brigadistas traballan con ferramentas manuais e logo en colaboración con outras brigadas e con medios do Distrito Forestal como son as autobombas, apoios aéreos….

As brigadas dependen directamente do Distrito Forestal, que é o encargado de asignar e organizar tanto as tarefas que realizarán, materiais que usarán como as brigadas que participarán en cada incendio. Os brigadistas, aparte do traballo de extinción, tamén fan labores de prevención como desbroces e saneamento. O contrato rematará en torno a Outubro, según informou Mónica López, membra da empresa.

Mónica, tamén desmentiu a creencia que ten moita xente acerca de que os brigadistas cobran por saír os incendios, e nas súas palabras díxonos “Los brigadistas van a cobrar lo mismo, haya incendio o no. Se realizan las labores de prevención y si hay incendio NO cobramos nada a mayores”.