Unha cadela roubada en Monforte aparece no recinto exterior dun bar de Sandiás

wiski
Unha cadela roubada en Monforte aparece no recinto exterior dun bar de Sandiás

O animal xa está cos seus donos e en bo estado

Whisky é o nome dunha yorkshire de 13 meses que volveu á súa casa de Monforte, tras aparecer no espazo exterior do bar O Xestal, en Vilariño das Poldras. Como recolle o xornal La Voz de Galicia, os feitos ocorreron hai uns días cando os seus donos estaban festexando un magosto. Uns ladróns entraron na súa casa por unha fiestra e roubaron cartos, obxectos de valor e tamén a Whisky. En canto se percataron de que lles fataba a cadela, estes veciños de Monforte inciaron unha campaña polas redes sociais suplicando que lles devolveran a súa mascota, pois para eles é un membro máis da familia e téñenlle moito cariño.wiski

Días despois, alguén de quen se descoñece a identidade, decidiu desfacerse do animal deixándoa no bar O Xestal. Cando os propietarios encontraron a cadela, levárona ó veterinario para facerlle unha revisión. Foi aí cando lle descubriron o chip que permitiu identificala e a quen pertencía sen dificultade.

Polo momento descoñécese o paradoiro e a identidade dos ladróns . Con todo, os donos de Whisky consideran que en ningún momento lle quixeron facer dano a súa mascota, pois mesmo se preocuparon de abandonala nun espazo pechado para que non correra risco.

Agora o animal xa se atopa cos seus donos e en bo estado e todo quedou nun susto.