Caeron as primeiras folerpas do ano pola Limia e o río recuperou o caudal

portada
Caeron as primeiras folerpas do ano pola Limia e o río recuperou o caudal

Durante o luns rexistráronse 40 litros por metro cadrado

A espera foi longa pero chegou a choiva e a neve. A auga escaseaba e moitos ríos, como o Limia, levaban meses practicamente secos. A alarma saltou no mes de decembro no embalse de Lobios que a auga non chegaba ó mínimo cifrado en 340 metros. Con todo esta gran baixada deixou ó descuberto unha aldea que levaba 20 anos sumerxida na auga.

Así as cousas, durante o luns caeron na Limia 40 litros por metro cadrado. bidón

Volve correr a auga polo río e volveron tamén os parrulos. Por outra banda,o río segue sufrindo os problemas de falta de limpeza. Ó seu paso por Xinzo, pódese apreciar a maleza acumulada en determinadas zonas así como restos de plásticos e bidóns.

Na mañá do martes, moitas localidades da comarca erguéronse coas primeiras nevadas do ano.

Foi o caso de Paradiña, no concello de Sarreaus.paradiñaA estrada de Os Blancos tamén amenceu cuberta de neve.

blancos

As dez da mañá caían as primeiras folerpas en Xinzo.

Agárdase que nos vindeiros días continúen as precipitacións. A cota de neve permanece hoxe nos 600 metros e irá subindo ata os 1200 para mañá mércores.